Epidauro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma grego > lingua grega
m Roma Antiga
Liña 4:
'''Epidauro''' ([[lingua grega|grego]] Ἐπίδαυρος, ''Epídauros'', [[latín]] ''Epidaurus'') era unha pequena cidade [[Grecia|grega]] da [[Argólida]], península ao nordeste do [[Peloponeso]]. É principalmente coñecida polo seu santuario de [[Asclepio]], a uns 8 km ao oeste da cidade, e polo seu [[teatro de Epidauro|teatro]], que acolle representacións aínda nos nosos días. A cidade grega actual chámase '''Epídhavro'''.
 
Foi unha [[cidade-estado]] independente, incorporada ao [[Argólida|distrito de Argólida]] por [[Antiga Roma Antiga|Roma]]. O seu territorio, bastante reducido, recibía o nombre de '''Epidauria''', e limitaba ao oeste con [[Argólida]], ao norte con [[Corinto]], ao sur con [[Trecén]], e ao leste co [[golfo Sarónico]]. Estaba situada nunha pequena península que formaba unha chaira con viñas e montañas. O porto estaba na parte norte da península, ben protexido. A cidade orixinal estaba limitada a parte da península, pero se estendeu ao norte e ao sur.
 
Estaba só a seis horas en barco de [[Atenas]], e cerca de [[Exina]] e [[Argos (Grecia)|Argos]] (a esta última estaba unida por unha bona vía), e todo isto contribuiu á súa importancia.