Al-Hakam II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Obras públicas: Mesquita de Córdoba
Liña 39:
 
=== Obras públicas ===
* Dedicouse á [[Mesquita]] de [[Córdoba]], da que xa en vida do seu pai inspeccionaba as obras, realizando a ampliación máis bela e a decoración máis rica, derrubando o muro da ''[[qibla]]'' e estendendo o oratorio en doce cruxías, dotándoo dunha serie de lucernarios cubertos con belas cúpulas nervadas, e dunha ''[[macsura]]'' con presenza de arcos polilobulados e entrecruzados, ademais da construción do ''[[mihrab]]'', concibido por primeira vez como unha habitación octogonal, cuxa portada foi decorada con belos mosaicos realizados por mestres bizantinos enviados polo [[basileus]] ([[emperador]]) de Constantinopla, [[Constantino VII]].
 
* Rematou a construción de [[Medina Azahara]], co mesmo tipo de construción e decoración que a mesquita. Utilizaba as súas dependencias desde a primavera até o outono e, se algunha vez o facía en inverno, era para presidir recepcións solemnes e recibir embaixadores.