Diferenzas entre revisións de «Al-Hakam II»

m
m (→‎Os reinos cristiáns: Reino de León)
m (→‎Os reinos cristiáns: Deza, España)
Ante a negativa do rei leonés a cumprir a súa promesa, Al-Hakam acolleu ao deposto Ordoño IV na corte cordobesa prometéndolle repoñelo no trono, o que fixo que Sancho I se retractase e enviase unha embaixada a Córdoba coa promesa de cumprir o pactado. Porén, a morte de Ordoño IV motivou que Sancho I cambiase novamente de postura e concertase unha alianza co rei navarro [[García Sánchez I de Navarra|García Sánchez I]], co conde castelán [[Fernán González]] e co conde de Barcelona [[Borrell II]] para faceren xuntos fronte ao poderío do califa.
 
Al-Hakam inicia en [[963]], en resposta, unha ofensiva militar que culminou con éxito ao conquistar as prazas de [[San Esteban de Gormaz]], [[Atienza]] e [[Calahorra]] o que, unido ás crises dinásticas que se abriron nos reinos cristiáns, volveu a situar ao califato cordobés na súa posición de supremacía, iniciándose un período de calma militar que se estendería até [[973]], cando o novo conde castelán [[García Fernández]], que sucedera a Fernán González, aproveitando que o groso do exército califal se encontraba en [[África]], atacou as prazas de [[Deza, España|Deza]] e [[Sigüenza]], actuación que veu acompañada en [[974]] polo asalto do tamén novo rei de León [[Ramiro III de León|Ramiro III]] da praza de San Esteban de Gormaz. O retorno do xeneral Galib da súa campaña africana puxo fin aos ataques cristiáns ao vencelos nas batallas de [[Langa]] e [[Estercuel]].
 
=== O Magreb ===
107.237

edicións