Al-Hakam II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma árabe > lingua árabe
m →‎Os reinos cristiáns: Reino de León
Liña 13:
=== Os reinos cristiáns ===
 
Entre as primeiras medidas que tomou ao ser nomeado califa foi a reclamación ao reino cristián de [[Reino de León|León]] das dez fortalezas que o seu rei, [[Sancho I de León|Sancho I]], prometera ao seu pai Abderramán III polo apoio prestado na disputa dinástica que aquel mantivo con [[Ordoño IV]], rei de [[Galicia]] (ou de [[Reino de León|León]], segundo os historiadores), e que lle permitiu recuperar o trono.
 
Ante a negativa do rei leonés a cumprir a súa promesa, Al-Hakam acolleu ao deposto Ordoño IV na corte cordobesa prometéndolle repoñelo no trono, o que fixo que Sancho I se retractase e enviase unha embaixada a Córdoba coa promesa de cumprir o pactado. Porén, a morte de Ordoño IV motivou que Sancho I cambiase novamente de postura e concertase unha alianza co rei navarro [[García Sánchez I de Navarra|García Sánchez I]], co conde castelán [[Fernán González]] e co conde de Barcelona [[Borrell II]] para faceren xuntos fronte ao poderío do califa.