Cadáver: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Caracaterísticas: Sepultura (enterramento)
Liña 10:
Pero na súa versión latina e o vocábulo ''cadáver'' é un composto de tres termos diferentes con significado propio dentro do latín. Descomponse nos seguintes termos: ''caro'' ('[[carne]]'), ''data'' ('dado, dada', paticipio de ''do, das, dare, dedi, datum'', 'dar') e ''vermibus'' ('a ou para os [[verme]]s, dativo de plural de ''vermis, -is'', '[[verme]]'). É dicir, o significado antigo de ''cadáver'' vén ser, literalmente, 'carne dada aos vermes' que, segundo a [[Roma Antiga|antiga Roma]], lugar de onde vén o termo, é unha palabra derivada da simple observación do que sucede cun cadáver en circunstancias meteorolóxicas de intemperie, non sendo manipulada a súa descomposición natural mediante embalsamamento.
 
O ser humano, desde a antigüidade, tomou diversas medidas para eliminar os cadáveres, normalmente mediante [[Sepultura (enterramento)|sepultura]]s escavadas no solo, ou depositando o cadáver en [[sarcófago]]s onde o corpo se descompoñía pola acción de vermes e [[bacteria]]s.
 
Unha práctica alternativa, tamén de orixe antiga, é a [[cremación]] ou eliminación do corpo mediante lume en piras funerarias ou, hoxe, en crematorios.