José Cerviño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Parroquia eclesiástica galega
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Adeus, don José
Liña 1:
'''José Cerviño Cerviño''', nado en ([[Aldán, Cangas|Aldán]] o día, [[21 de agosto]] de [[1920]] - [[Vigo]], [[18 de abril]] de [[2012]]), éfoi un [[bispo]] [[catolicismo|católico]] [[Galicia|galego]].
 
==Traxectoria==
Ordenouse sacerdote en [[Santiago de Compostela]] o [[6 de abril]] de [[1946]]. Ocupou diversos cargos como sacerdote, entre eles o de crego da [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] urbana de [[San Miguel dos Agros, Santiago de Compostela|San Miguel dos Agros]] en [[Santiago de Compostela]], e despois foi reitor do Seminario Arquidiocesano.
 
O [[4 de xuño]] de [[1968]] o papa [[Paulo VI, papa|Paulo VI]] nomeouno bispo de Benepota e bispo auxiliar de [[Santiago de Compostela]], do que era titular o [[Cardeal (relixión)|cardeal]] [[Fernando Quiroga Palacios|Quiroga Palacios]], e recibiu a ordenación episcopal o [[28 de xullo]] dese ano. Trala morte do arcebispo en decembro de [[1971]], ata abril de [[1973]] rexeu a [[arquidiocese de Santiago de Compostela|arquidiocese]] coma vicario capitular, é dicir, coma bispo en funcións.
 
O [[20 de maio]] de [[1975]] foi nomeado administrador apostólico da [[diocese de Tui-Vigo]]. Tomou posesión, por procurador, o [[9 de xuño]] de [[1975]], e ocupou a súa praza o 21 dese mesmo mes. O [[8 de novembro]] de [[1976]] Paulo VI nomeouno [[Lista de bispos da diocese de Tui|bispo de Tui - Vigo]]. Coma tal, tomou posesión da diocese na [[catedral de Tui]] o [[18 de decembro]] de [[1976]].