Arco (arquitectura): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ur:محراب
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 13:
:'''5. Intradorso''': cara interior e cóncava do arco.
:'''6. Frecha''': dimensión que se prolonga desde a liña de arranque (delimitada pola imposta e pola aduela de arranque) até a cara interior da chave. Esta área pode ser tapada dando lugar a un [[tímpano (arquitectura)|tímpano]].
:'''7. Luz''': van, largura do arco, xeralmente maior que a súa profundidade. A relación entre a flecha e a luz é xeralmente traducida nunha [[Fracción (matemáticas)|fracción]] (ex: 1/2, 1/3, etc.)
:'''8. Contraforte''': muro que soporta a impulsión do arco. Caso de non existir unha parede, este empuxe pode ser recollido por outro arco lateral e así sucesivamente ([[arcada]]).
 
Liña 22:
Xeralmente en [[pedra]], [[ladrillo]] ou outro material de construción similar, o arco componse de bloques en cuña que, colocados adxacentemente, se traba uns aos outros en compresión e manteñen a forma en curva.
 
O bloque situado no vértice do arco, a chave, é o último elemento a ser colocado e o que permite que a estrutura se trabe e a forma se manteña. Até a colocación deste último elemento úsase unha armazón provisoria de [[madeira]] ou [[Metal (material)|metal]], o '''[[acimbre]]''', que serve de molde, presentando o que será a curva interior do arco e que permite que as aduelas teñan apoio até a consolidación final coa chave. No caso de que os cálculos teñan sido mal efectuados, pode acontecer que a estrutura colapse após a retirada do soporte.
 
== Historia ==
Liña 28:
[[Ficheiro:Notre dame paris4.JPG|right|thumb|150px|Portal con '''arco quebrado''' da [[Catedral de Notre-Dame de París]], en [[Francia]].]]
 
O uso do arco xurde coas civilizacións da [[Idade Antiga|Antigüidade]], emboraaínda que o [[Antigo Exipto]], a [[Babilonia]], a [[Grecia Antiga]] e a [[Asiria]] o teñan restrito a construcións no subsolo, especialmente en estruturas de drenaxe e bóvedas. Por outro lado, a súa arquitectura exterior caracterízase sobretodo por unha tipoloxía onde se conxuga o uso da [[Columna (arquitectura)|columna]] coa [[viga]] horizontal. Así, pola necesidade de minorar o impulso vertical sobre os linteis de pedra, propágase o uso de columnas sucesivas de colocación próxima e que teñen como función soportar a tal carga.
 
Son máis tarde os [[Imperio romano|romanos]] os responsábeis da utilización do arco en grande escala, erixindo, polo alcance de vans maiores, edificios de dimensións monumentais. É nesta altura cando se propaga o '''arco de volta perfecta''', semi[[circunferencia|circular]] asentado en piares, que será tamén unha das características do [[Románico|estilo románico]] e do [[Renacemento]].
Liña 57:
;Cruceiro: o que une en [[diagonal]] dous ángulos dunha [[bóveda]].
;De descarga: o que se constrúe sobre un lintel para alixeiralo do peso da parede.
;De ferradura: o que ten arranques a igual [[Altura (xeometría)|altura]] e está formado por unha sección circular maior cá semicircunferencia. É característico da [[arquitectura]] musulmana.
;De medio punto: o formado por unha semicircunferencia.
;Diafragma: arco perpiaño que divide os tramos dunha nave para contrarresta-los empuxes da bóveda sobre os [[muro(construción)|muros]] laterais.
;Dobrado: o que está formado por dous arcos superpostos. Moi común no [[románico]].
;Elíptico: o que ten forma de sección de [[Elipse (xeometría)|elipse]].
;Festonado: o que presenta unha silueta de ondulacións convexas.
;Formeiro: o que corre paralelo ó eixe lonxitudinal dunha nave, xeralmente comunicando a nave principal coas laterais.
Liña 71:
;Sobreerguido: aquel que ten a altura maior ca semiluz.
;Toral''': cada un dos catro arcos sustentantes dunha nave con bóveda de aresta, [[perpendicular]]es ó eixe maior da mesma.
;Triunfal: o que está situado nas [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]]s entre a nave e o presbiterio. Emprégase esta denominación en lembranza do arco de triunfo romano, monumento conmemorativo erixido en honor do emperador, composto por un, tres ou máis vans, flanqueados por columnas ou pilastras e profusamente decorado con motivos alusivos á vitoria conmemorada.
;Tudor: arco conopial achatado característico do estilo inglés do mesmo nome.