Rinoceronte Editora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
 
Sen resumo de edición
Liña 3:
Intentando cubrir algunhas das carencias detectables no mercado do libro en galego, a nova editorial aposta no seu catálogo pola tradución ó galego de autores de referencia da literatura universal dende as linguas orixinais en que foron escritas. No seu propósito de dar a coñecer en Galicia a obra de novelistas actuais nutriuse fundamentalmente de textos recentes -verdadeiros bestsellers nalgúns casos- versionados ó galego dende as máis diversas linguas da nosa periferia máis próxima (entre elas o [[húngaro]], o [[finés]], o [[islandés]], o [[hebreo]], o [[italiano]], o [[inglés]] e o [[francés]]).
 
Ademais de seleccionar obras literarias interesantes para os lectores galegos, a idea que move o proxecto editorial é a de producir libros coidados e ben editados a prezos competitivos no mercado. Nalgúns casos coma o de ''[[O Bosque dos Raposos Aforcados]]'' do finlandés [[Arto PaasilinaPaasilinna]], a versión galega é máis barata cá española. Noutros, o seu maior custo -dentro das marxes que permite o mercado- é compensado pola boa tradución e revisión.
 
A iniciativa empresarial conta co apoio financeiro dos dous socios, co beneplácito da [[Asociación de Tradutores Galegos]] que pretende buscar saída ás novas promocións de tradutores profesionais formados na [[Universidade de Vigo]], e co aval temporal dos subscritores iniciais do proxecto.
Liña 9:
A editora, ademais das canles de distribución tradicionais, propón vías de comercialización alternativas a través da subscrición e da venda por correo electrónico. Utiliza un blog que é sindicable.
 
Os dous últimos libros publicados por Rinoceronte Editora foron ''[[A posibilidade dunha illa]]'' de [[Michel Houellebecq]], novela traducida do francés por [[Isabel García Fernández]] e ''[[Arthur e George]]'' do inglés [[Julian Barnes]] traducido por [[Xesús Fraga]]. O seu primeiro libro de descarga gratuíta na rede foi ''O condutor de autobús que quería ser Deus'' do autor israelí [[Etgar Keret]].
 
==Ligazóns externas==
 
*[[http://www.rinoceronte.es/quensomos.html Web da editora]]
*[http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=50538 Noticia sobre a descarga de balde]