Diferenzas entre revisións de «J»

{{Lingüística en progreso}}
 
{{AZ|Latin_alphabet_Jj.png}}
 
O '''J''' ('''iota''') é unha [[letra]], non propia do [[alfabeto galego]] moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas.
No [[alfabeto fonético internacional]], ['''j'''] representa o aproximante palatal.
 
Na maioría dos teclado alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao toque, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
 
Curiosamente, o J é a única letra do alfabeto latino que non aparece na [[táboa periódica]]. Na [[física]] designa o [[joule]].
 
== Historia ==
|[[Ficheiro:LetterJj.svg|44px]]
|}</center>
 
En [[Lingua portuguesa|portugués]], o son utilizado para a letra J é o /ʒ/ (''jarro'', ''janela'', ''jota''), así como no [[lingua francesa|francés]] e no [[lingua romanesa|romanés]]. En todas as [[linguas xermánicas]], exceptuando o [[Lingua inglesa|inglés]] que utiliza /dʒ/ (''just''), o son utilizado para a letra J é o /j/ (como ''ja'' en [[Lingua alemá|alemán]] ou como no ditongo i na palabra ide'''i'''a). Este feito tamén se verifica en [[Lingua albanesa|albanés]], e nas [[linguas urálicas]] e [[Linguas eslavas|eslavas]] que utilizan o alfabeto latino, como por exemplo en [[Lingua húngara|húngaro]], [[Lingua finlandesa|finlandés]], [[Lingua estoniana|estoniano]], [[Lingua polaca|polaco]] e [[Lingua checa|checo]]. Tamén o [[Lingua serbia|serbio]], lingua eslava, adoptou o J no seu [[alfabeto cirílico]], co mesmo propósito. Foi debido a este padrón lingüístico, que a letra minúscula /j/ foi adoptada pola [[Asociación Fonética Internacional]], como representante deste son.
 
En [[Lingua castelá|castelán]] o '''J''' pronuncia-se /x ~ h/ (como ''ajo'' que significa allo); este son desenvolveuse a partir do son /dʒ/. En francés o antigo son /dʒ/ é agora pronunciado como /ʒ/, tal como en portugués.
 
Na [[lingua italiana]] moderna, apenas palabras en [[latín]] ou palabras estranxeiras teñen a letra J. Até ao século XIX, o J era utilizado en vez do I en ditongos como substituto para o último ''–ii'' e en grupos vocais como en ''Savoja''.
 
Lingüistas da [[Alemaña]] e da [[Europa Central]] tamén utilizaron o J nalgunhas transliteracións, de linguas eslavas que utilizan o alfabeto cirílico. En particular, o "[[Ye|Е]]" en [[Lingua rusa|ruso]] é ás veces transliterado para "je", o "[[Я]]" é transliterado para "ja" e o carácter "[[Ю]]" para "ju".
 
== Representacións alternativas ==
En [[alfabeto fonético aeronáutico]] asígnaselle a palabra '''Juliet'''.
En [[código Morse]] é: <code> ·--- </code>
 
<center><gallery>
Ficheiro:ICS Juliet.svg|[[Bandeiras de sinais]]
Ficheiro:Semaphore Juliet.svg|[[Semáforo (comunicación)|Alfabeto semáforo]]
Ficheiro:Braille J0.svg|[[Braille]]
Ficheiro:Sign language J.svg|[[Alfabeto manual]]
</gallery></center>
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}{{Wiktionary|j}}
*[[Especial:Allpages/J|Entradas da enciclopedia que comezan por J]]
* Entradas no dicionario da Real Academia Galega para [http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/searchNoun.do?nounTitle=j j] e [http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/loadNoun.do?current_page=1&id=27956 J]
 
[[Categoría:Grafémica]]
12.560

edicións