Cromosoma 4: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m ácido desoxirribonucleico
Liña 1:
[[Ficheiro:Chromosome 4.svg|125px|right]]
O '''cromosoma 4''' humano é un [[cromosoma]] pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Igual que ocorre cos demais cromosomas, nas nosas células [[haploide]]s ([[espermatozoide]]s, [[óvulo]]s) temos unha soa copia deste cromosoma, e nas [[diploide]]s temos dúas (un par). Pola posición do seu [[centrómero]] clasifícase como un cromosoma [[centrómero#Posición do centrómero|submetacéntrico]]. O cromosoma ten gran tamaño, xa que comprende algo máis de 186 millóns de [[par de bases|pares de bases]] e representa entre o 6 e o 6,5 % do total de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] da célula.
 
Como a identificación dos [[xene]]s nos cromosomas depende do método utilizado, segundo cal sexa este as estimacións poden variar. No cromosoma 4 estímase que probablemente existen entre 700 e 1.100 xenes.