Día Internacional dos Traballadores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 17:
A maioría dos obreiros estaban afiliados á [[Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo]], pero tiña máis preponderancia a ''[[American Federation of Labor]]'' ([[Federación Estadounidense do Traballo]]), inicialmente [[socialista]] (algunhas fontes sinalan a súa orixe [[Anarquismo|anarquista]]). No seu cuarto congreso, realizado o [[17 de outubro]] de [[1884]], resolvera que desde o [[1 de maio]] de [[1886]] a duración legal da xornada de traballo debería ser de oito horas. En caso de non obter resposta a este reclamo, iríase a unha [[folga]]. Recomendaba a todas as unións sindicais a tratar de facer promulgar leis con ese contido en todas as súas jurisdiccións. Esta resolución espertou o interese de todas as organizacións, que vían que a xornada de oito horas posibilitaría obter maior cantidade de postos de traballo (menos desocupación). Eses dous anos acentuaron o sentimento de solidariedade e acrecentou a combatibilidade dos traballadores en xeral.
 
En 1886, o [[presidente dedos Estados Unidos]] [[Andrew Johnson]] promulgó a chamada ''[[Lei Ingersoll]]'', establecendo as 8 horas de traballo diarias. Ó pouco tempo, 19 estados sancionaron leis que permitían traballar xornadas máximas de 8 e 10 horas (aínda que sempre con cláusulas que permitían facer traballar ós obreiros entre 14 e 18 horas). As condicións de traballo eran semellantes, e as condicións en que se vivía seguían sendo insoportables.
 
Como a Lei Ingersoll non se cumpriu, as organizacións laborais e sindicais de EE.UU. mobilizáronse. A prensa cualificaba o movemento en demanda das oito horas de traballo como «''indignante e irrespetuoso''», «''delirio de lunáticos pouco patriotas''», e manifestando que era «''o mesmo que pedir que se pague un salario sen cumprir ningunha hora de traballo''».