Diferenzas entre revisións de «Día Internacional dos Traballadores»

m
m (Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America))
 
=== A reivindicación da xornada laboral de 8 horas ===
Unha das reivindicacións básicas dos traballadores era a xornada de 8 horas, encadrada en facer valer a máxima ''oito horas para o traballo, oito horas para o soño e oito horas para a casa''. Neste contexto producíronse varios movementos. En [[1829]] formouse un movemento para solicitar á lexislatura de [[Nova York]] a xornada de oito horas. Anteriormente existía unha lei que prohibía traballar máis de 18 horas, ''salvo caso de necesidade''. Se non había tal necesidade, calquera funcionario dunha compañía de ferrocarril que obrigase a un maquinista ou fogonero a traballar xornadas de 18 horas diarias debía pagar unha multa de 25 [[Dólar estadounidense|dólar]]es.
 
A maioría dos obreiros estaban afiliados á [[Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo]], pero tiña máis preponderancia a ''[[American Federation of Labor]]'' ([[Federación Estadounidense do Traballo]]), inicialmente [[socialista]] (algunhas fontes sinalan a súa orixe [[Anarquismo|anarquista]]). No seu cuarto congreso, realizado o [[17 de outubro]] de [[1884]], resolvera que desde o [[1 de maio]] de [[1886]] a duración legal da xornada de traballo debería ser de oito horas. En caso de non obter resposta a este reclamo, iríase a unha [[folga]]. Recomendaba a todas as unións sindicais a tratar de facer promulgar leis con ese contido en todas as súas jurisdiccións. Esta resolución espertou o interese de todas as organizacións, que vían que a xornada de oito horas posibilitaría obter maior cantidade de postos de traballo (menos desocupación). Eses dous anos acentuaron o sentimento de solidariedade e acrecentou a combatibilidade dos traballadores en xeral.
104.751

edicións