Praia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: te:సముద్రతీరం
Elisardojm (conversa | contribucións)
primero>primeiro
Liña 3:
Unha '''praia''' é unha forma xeolóxica consistente na acumulación de [[sedimento]]s, por efecto da dinámica local das ondadas. Estes sedimentos son normalmente areas pero tamén hai praias de [[grava]]s ou grixos e de [[croio]]s, seixos ou bólos. Existen moitas clases de praias podendo existir varios tipos sobre un mesmo banco de sedimentos, por mor a que nuns metros o tipo de rompente pode variar dando orixe a un tipo de praia distinta.
 
Unha praia fórmase cando as [[onda]]s e as correntes do mar propician a chegada de sedimento á beiramar. Logo unha praia fórmase baixo dous supostos: o primeroprimeiro, que a forma da [[Costa (xeografía)|costa]] sexa tal que haxa unha zona onde se deposite unha determinada cantidade de sedimento e que sexa estábel cos diferentes estados do clima marítimo. O segundo, que exista unha zona na que se ben o sedimento vaise perdendo por algures, haxa unha achega de sedimento por outro que o poida compensar. Unha vez que foron depositados os sedimentos, a praia é modelada segundo o tipo de rompente que lle afecta.
 
[[Ficheiro:Vigo praia de samil.jpg|thumb|200px|Praia de Samil.]]