World Wrestling Entertainment: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
m →‎Comezos da WWF: Música rock
Liña 8:
Outros promotores enfurecéronse cando McMahon comezou a sindicar os eventos da WWF a estacións de [[televisión]] ao redor dos Estados Unidos, en áreas fóra do territorio tradicional da WWF (o nordeste). McMahon tamén comezou a vender cintas de [[vídeo]] dos eventos da WWF do Nordeste por medio da súa compañía de distribución [[Coliseum Video]]. Ademais McMahon usou os ingresos xerados pola [[publicidade]], contratos televisivos e vendas de cintas para roubarlles talentos aos promotores rivais.
 
De acordo con varios informes, Vincent pai advertiulle o seu fillo que non continuase coas súas accións. Porén, McMahon tiña a ambición de mover a WWF ao redor da nación. Tal acción requiría un grande [[investimento]] de [[capital]], unha cantidade tal que podía pór á WWF ó bordebordo dun colapso financeiro. O concepto novo de entretemento deportivo de McMahon, [[Wrestlemania]], foi un evento de ''[[pay-pew-view]]'' que Vincent K. McMahon publicitou como o Super Bowl da loita libre profesional.
 
O concepto dunha super carteleira de loita libre non era novo en Norteamérica. A NWA realizaba [[Starrcade]] desde había varios anos antes de WrestleMania, e até o vello Vincent K. McMahon promocionara grandes carteleiras no [[Shea Stadium]] de [[Nova York]], transmitidas por circuíto fechado en varios lugares. McMahon quería levar a WWF aos canais principais, impactando o [[público]] xeral, que non era fanático da loita libre. Obtivo o interese dos [[Medio de comunicación|medios]] principais tras invitar a celebridades como [[Mr. T]] e [[Cyndi Lauper]] a participar. [[MTV]], en particular, tiña unha gran cobertura e programación da WWF naqueles momentos, no que foi chamado a ''Rock 'n' Wrestling Connection'' (conexión [[Música rock|rock]] e loita libre).
 
==Formación da WWE==