Cándido Pazó: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (A Coruña)
Liña 15:
 
==Vida==
Comeza a súa actividade como actor en 1975, vinculándose ao nacente movemento teatral da súa cidade e da [[GalizaGalicia]], sendo un dos “benxamíns” das xeracións xurdidas arredor dos primeiros encontros da histórica Mostra de [[Ribadavia]]. Foi membro fundador da compañía viguesa A Farándula, traballando en tódolos seus espectáculos ata a disolución desta en [[1983]].
 
Complementou o seu autodidactismo cunha formación por medio de pequenos cursos e seminarios. Asistiu ás clases de [[Philippe Gaulier]] en París. Logo dunha etapa de actor en diversas compañías e no [[Centro Dramático Galego|CDG]] e de axudante de dirección ([[Eduardo Alonso]] en teatro; [[Octavio Gómez]], [[Manuel Gómez Pereira]], [[García Sánchez]] ou [[Miguel Gato]] en cine). Debutou como autor e director de escena con compañía propia, Tranvía Teatro en [[1989]] coa peza ''O melro branco''.
Liña 25:
Foi parte dos dramaturgos europeos seleccionados para participar na Marathon Europea de Creación Teatral, proxecto de escritura dramática dentro do programa cultural [[Bruxelas]] [[2000]].
 
É, ademais, guionista para televisión (''[[A familia Pita]]'', ''[[Pratos Combinados]]'', ''[[Mareas vivas]]'') e dedícase tamén á narración oral, actividade emerxente hoxe en día na [[Galiza]] e pola que se sente especialmente seducido, estando presente en numerosos festivais e programacións de Europa e América Latina.
 
 
==Pezas escritas estreadas e/ou publicadas==