Organización Internacional do Traballo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 110:
Ó longo da súa historia a OIT promulgou 187 convenios internacionais e 198 recomendacións. As mesmas poden ser consultadas na base de datos [http://www.ilo.org/ilolex/spanish/index.htm ILOLEX] que leva a organización.
 
A [[saúde]], a [[Seguridade na industria|seguridade laboral]] e a [[seguridade social]] son asuntos prioritarios regulados por varios Convenios. Sobre a protección da maternidade foi aprobado en 2000 o Convenio 183. Foron consideradas situacións especiais, como a [[migración laboral]] (Convenios 21 de 1926, 48 de 1945, 66 de 1939, 97 de 1949 e o Convenio 143 de 1975 sobre os traballadores migrantes), así como o traballo nocturno, e as condicións de traballo nas [[Minaría)|minas]], empresas químicas, os [[Porto (comunicacións)|porto]]s, o [[mar]] e o sector agropecuario. O Convenio 141 aprobado en 1975 trata sobre as organizacións de traballadores rurais e recoñece "que a [[reforma agraria]] é, en moitos países en vías de [[Desenvolvemento económico|desenvolvemento]], un factor esencial para o melloramento das condicións de traballo e de vida". En 1957 a OIT aprobou o Convenio 107 sobre poboacións [[indíxena]]s e tribais, substituído polo Convenio 169 sobre pobos indíxenas e tribais, aprobado na 76ª reunión o 7 de xuño de 1989, que constitúe ata agora o principal instrumento de [[dereito internacional]] para a defensa dos pobos indíxenas do mundo e os seus [[Territorios indíxenas|territorios]].
 
De gran importancia resulta tamén a [http://www.ilo.org/dyn/declaris/DECLARATIONWEB.static_jump?var_language=SP&var_pagename=DECLARATIONTEXT Declaración da OIT relativa ós principios e dereitos fundamentais no traballo e o seu seguimento], realizada en 1998, en vista dos graves problemas acarreados pola [[globalización]] sobre os dereitos laborais. A Declaración dispuxo brindar especial atención á efectiva aplicación dos dereitos fundamentais dos traballadores, a saber: