Hernani: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Donostia-San Sebastián
m Donostia-San Sebastián
Liña 70:
==Economía==
 
A poboación hernaniarra traballa fundamentalmente no sector servizos que dá traballo ao 62% da poboación, a industria emprega ao 26% dos traballadores e a construción ao 10%. Só un 1% dedícase actualmente á actividade agraria. (Datos de 2001). En [[2005]] a taxa de paro roldaba o 9% da poboación activa, unha porcentaxe superior ao da comarca. A renda per cápita en Hernani é aproximadamente entre un 85% e un 90% da media de renda de Guipúscoa como da comarca de [[Donostia-San Sebastián|San Sebastián]].
 
O sector servizos cobre as necesidades dunha poboación de 18.000 habitantes no que respecta a comercio, hostalería e servizos básicos que se atopan bastante cubertos. A pesar da súa proximidade a San Sebastián, Hernani non é unha cidade-dormitorio da capital e a maior parte da súa poboación leva a cabo a súa vida e cobre as súas necesidades básicas na propia localidade. Para certo tipo de comercio e servizos máis especializados a poboación adoita acudir á próxima capital.
Liña 93:
* '''Sociedade de Envases, Tubos e Estoxos (SETE)''': envases tubulares [http://www.sete.es].
 
Antigamente tivo gran importancia na economía local a empresa siderúrxica ''Pedro Orbegozo'', fundada na década de 1950 e que chegou a empregar a case 1500 traballadores, a maior parte deles hernaniarras. A empresa pechou finalmente en [[1992]] tras unha longa crise e o seu peche causou un forte impacto na economía local. No lugar onde se situaba antigamente esta empresa atópase actualmente o Polígono Ibaiondo.
 
==Demografía==