Homosexualidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎A homosexualidade na historia: RETIRO IMAXE DA QUEIMA DOS TEMPLARIOS. QUE EU SEPA NON FORON DISOLTOS POR ESTE MOTIVO...
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 53:
[[Ficheiro:Parc Asterix 22.jpg|thumb|150px|dereita|Os golfiños poden formar unidades familiares arredor de parellas do mesmo sexo.]]
 
Tamén houbo varios intentos de buscarlle unha orixe somática á homosexualidade, ningún deles satisfactorio. En [[1997]] LeVay, neurocientífico do Salk Institute e activista, comprobou que o tamaño do núcleo 3 do [[hipotálamo]] anterior era maior en homes que en mulleres, e que entre os homes homosexuais este se aproximaba máis ao das mulleres que ao dos homes. Este estudo foi moi criticado polos numerosos erros metodolóxicos e pola mostra escollida, e actualmente considérase falido. En 1999 Hamer, xenetista do Instituto Nacional do Cáncer dos Estados Unidos, anunciou ter localizado a rexión do [[cromosoma]] X]] (a q28) na que se atoparía o hipotético [[xene]] responsable da homosexualidade. O estudo partía dos datos [[Estatística|estatísticos]] que sinalan que os individuos homosexuais adoitan pertencer a [[Familia (socioloxía)|familia]]s nas que outros membros o son, e que esta coincidencia é máis frecuente por liña materna. Investigacións posteriores, en especial as realizadas sobre grupos de xemelgos monocigóticos, demostraron que se trataba dunha conclusión insuficientemente fundada,<ref name="morano"/><ref name="gonzalo"/><ref name="nogués"/> aínda que semella claro que hai unha correlación entre a orientación sexual do individuo promedio e a súa ascendencia por liña matrilineal.<ref name="moalem"/> Enunciáronse tamén innumerables hipóteses sobre o peso das hormonas na determinación da orientación sexual, ningunha delas concluínte.
 
En [[1974]] a Asociación Americana de Psiquiatría retirou a homosexualidade da súa lista de trastornos mentais.<ref>Decidiuse por votación: 5.854 votos contra 3.810.</ref><ref name="chao"/> Hoxe certos sectores discuten a pertinencia de identificar o porqué da homosexualidade, pois consideran que a propia busca pretende reafirmar a normatividade da orientación heterosexual e o anómalo da orientación homosexual, máxime cando na meirande parte das investigacións non existe unha preocupación análoga por comprender o motivo da heterosexualidade.<ref name="Chaves"/>