Virgin Records: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ko:버진 레코드
Beninho (conversa | contribucións)
m lig int.
Liña 4:
Branson e Powell tiña inicialmente unha pequena tenda de discos chamada Virgin Records and Tapes en Notting Hill Gate, [[Londres]], especializada en importacións de álbums de [[krautrock]]. Despois de que a tenda fora un éxito pensaron e crear un selo discográfico.
 
A súa primeira edición foi o álbum de [[rock progresivo]] ''[[Tubular Bells]]'', do multi-instrumentista [[Mike Oldfield]], publicado no ano [[1973]]. Pouco despois seguíronlle destacadas edicións de [[krautrock]], incluíndo o álbum ''[[Phaedra]]'' de [[Tangerine Dream]], e ''[[The Faust Tapes]]'' e ''[[Faust IV]]'' de [[Faust (grupo musical)|Faust]].
 
A pesar de que Virgin foi inicialmente un dos selos clave para o [[rock progresivo]] inglés e europeo, o contrato en [[1977]] cos [[Sex Pistols]] fixo que se movese cara o novo son que estaba surxindo na época. Pouco despois, a tenda de Notting Hill record shop (sobre a que estaba situada a oficina do selo) foi asaltada pola policía por ter na súa fiestra un cartel de promoción do disco ''[[Never Mind the Bollocks, Here's the Sex Pistols]]'' dos [[Sex Pistols]]. Máis tarde asinaron con máis grupos de [[new wave]] como Boxer, [[Culture Club]], Fingerprintz, Gillan, Holly and the Italians, [[Human League]], Magazine, The Motors, Penetration, The Ruts Shooting Star, [[Simple Minds]] e [[XTC]].