Diferenzas entre revisións de «Cozumel»

m
m (r2.7.1) (Bot: Engado: zh:科苏梅尔岛)
m (→‎Historia antiga: cinexética)
=== Historia antiga ===
As investigacións máis recentes indican que os primeiros poboadores da illa de Cozumel arribaron a ela ao redor do século II a.c.. Aínda que non identificados plenamente, crese que estes individuos eran parte de grupos seminómadas [[Caribe (etnia)|caribes]], dedicados indistintamente á [[Pesca comercial|pesca]] e a [[cinexética|caza]].
Unha segunda onda migratoria máis organizada arribou no século III d.c. Esta integrábase con grupos [[Civilización maia|maias]] identificados como procedentes da rexión do Petén guatemalteco, ao sur da [[península de Iucatán]], cun nivel cultural definitivamente superior aos seus antecesores, eran sedentarios, coñecían a agricultura e dominaban técnicas arquitectónicas, así mesmo atópanse vestixios da súa actividade nalgunhas construcións e restos de olería achados no centro norte da illa, na zona coñecida actualmente como Santa Rita e parte de San Gervasio.
A terceira onda migratoria, nas postrimerías do clásico maia, iniciou o seu arribo no século VIII e chegou procedente de [[Tabasco]] e do sur de [[Campeche]]. Formábana grupos maias-chontales da rama putún, navegantes e comerciantes que na súa ruta chegaban ata [[Centroamérica]] e que fixeron de Cozumel un punto importante da súa área de influencia. Este grupo introduciu á illa novas formas de organización social, outros estilos arquitectónicos e novos cultos relixiosos, entre estes destacou a devoción á deusa [[Ixchel|Ix Chel]], deidad da lúa, fertilidade e nacemento, e que na illa tivo o seu principal santuario, dando orixe a un rito de peregrinación de todo o mundo maia cara a Cozumel.
 
A mediados do século XIX, como consecuencia da rebelión indíxena na península, coñecida como [[Guerra de Castes]] ([[1847]]), iníciase un proceso de repoboamento co arribo de familias procedentes case todas de [[Valladolid, Iucatán|Valladolid]], [[Tihosuco|Sabán Tihosuco]] e [[Chemax]], do [[estado de Iucatán]] e fundan os poboados de [[el Cedral]] (antigamente ''Oy ib''), ao sur da illa e [[San Miguel de Cozumel|San Miguel]] na costa noroeste.
O desenvolvemento agrícola e comercial baseado na explotación de froitas, [[henequén]], [[chicle]] e [[copra]] logrou consolidar eses poboados, que para fins dese século contaban cada un con aduana, escola e guarnición (goberno municipal só a segunda).
 
=== Historia moderna ===
106.273

edicións