Maryland: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: zu:Maryland
Liña 71:
A [[Gran Depresión]] afectou seriamente a economía do Estado. Varias empresas faliron, varias fábricas fecharon, e moitos traballadores tornaranse desempregados. [[Baltimore]], unha cidade primariamente industrial, foi moi afectada pola Depresión. En [[1933]], máis de 40% da poboación da cidade estaba desempregada. Para minimizar os efectos da Depresión, o Estado criou programas de axuda social e construíu numerosos abrigos para abrigar os varios sen-teto do Estado, sen abrigo porque non tiñan como arcar cos custos de aluguer.
 
A economía do estado recuperouse co inicio da [[segunda guerra mundial]]. Os anos da segunda guerra mundial foron anos de gran desenvolvemento industrial no estado, e o éxodo rural, isto é, migración da poboación rural para [[cidade]]s, aumentou drasticamente. No final da guerra, Maryland tornarase un estado primariamente urbano e industrial. A industrialización e urbanización do Estado continuaron nas décadas despois do fin da guerra. O estado tamén pasou a recibir grandes números de [[negro|afroamericanosafroamericano]]s procedentes dos estados do Sur, que instalaranse primariamente en Baltimore. Como consecuencia, moitas familias brancas mudaranse de Baltimore para suburbios próximos.
 
Ata [[1954]], as escolas de Maryland eran segregacionistas, con escolas para brancos e outras, xeralmente de menor calidade, para afroamericanos. Porén, neste ano, o Supremo Tribunal de Xustiza dos Estados Unidos xulgou que tal segregación era inconstitucional. Baltimore uniu o seu sistema escolar inmediatamente, mais en outras cidades, menos poboadas e de poboación primariamente branca, a desegregación demorou moito máis tempo para, ata tres décadas en algunhas pequenas cidades do interior.