Andrade, Pontedeume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
engado historia e imaxe, estruturo patrimonio e quito etiqueta de "parroquia en progreso"
Liña 1:
{{Parroquias da Coruña en progreso}}
{{Outroshomónimos|Andrade}}
{{Parroquia
Liña 13 ⟶ 12:
|entidades = 12
}}
[[Ficheiro:Igrexa de Andrade ábsida.JPG|thumb|right|250px|[[Ábsida]] da [[Igrexa de San Martiño de Andrade|igrexa de San Martiño]]]]
'''San Martiño de Andrade''' é unha parroquia que se localiza no sur do concello [[Provincia da Coruña|coruñés]] de [[Pontedeume]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 449 habitantes (230 mulleres e 219 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 467 habitantes.
 
==Historia==
Entre o seu patrimonio destaca a igrexa [[barroca]], con partes [[románica]]s dun templo anterior, de [[Igrexa de San Martiño de Andrade|San Martiño]].
Os documentos máis antigos que se conservan fan referencia a Andrade como vila, como couto e como igrexa. O primeiro deles data do [[1 de abril]] de [[1102]] e fai referencia a unha doazón que fai o [[cóengo]] de [[Mosteiro de Caaveiro|Caaveiro]], Bermudo Fortuniz, dunha servicialía na ''vila'' de Andrade.
 
Un dos primeiros [[Casa de Andrade|Andrade]], [[Pedro Bermúdez de Andrade]], aparece en dous documentos facendo doazóns ou vendas ao mosteiro de Caaveiro. No primeiro deles, de [[1204]], cede ao mosteiro a súa parte da ''ecclesia'' de San Martiño de Andrade. Noutro de [[13 de decembro]] de [[1223]] vende ao mosteiro as súas posesións, tanto herdades como persoas, no ''couto'' de Andrade.
 
O historiador [[César Vaamonde Lores]] demostrou documentalmente que a [[Casa de Andrade]], con anterioridade ao [[Castelo de Andrade|castelo]] que construiu [[Fernán Pérez de Andrade, O Boo]], en terras de [[Nogueirosa, Pontedeume|Nogueirosa]], xa posuía outro castelo que, segundo este historiador, achábase na [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] de San Martiño de Andrade, berce desta liñaxe.
 
[[Afonso X o Sabio]] asina en [[1270]] a Carta de Poboamento da vila de [[Pontedeume]]. Neste documento non se inclúe no alfoz de Pontedeume ao couto de Andrade, a pesar da súa proximidade á vila, por permanecer en posesión da Casa de Andrade.
 
Cando, un século despois, Pontedeume pasa a formar parte dos dominios dos Andrade, o couto de Andrade segue a ter entidade propia. Así, aparece mencionado expresamente na relación de posesións de [[Fernán Pérez de Andrade, O Mozo]], que fai [[Vasco da Ponte]] en [[1515]]. Porén, desde a construción do castelo en Nogueirosa e o [[pazo dos Andrade]] na vila de Pontedeume, a parroquia de Andrade foi perdendo protagonismo.
 
Mesmo eclesialmente minguou a súa importancia xa que pasou a ser unha parroquia anexa á de Nogueirosa. En [[1871]] comeza a depender da parroquia de [[Vilar, Pontedeume|Vilar]] ata acadar o recoñecemento como parroquia de seu.
 
==Patrimonio==
Destaca a [[Igrexa de San Martiño de Andrade|igrexa parroquial de San Martiño]] con [[fachada]] [[barroca]] e [[ábsida]] [[románica]], procedente dun templo anterior. Tamén é románica unha parte do muro norte.
 
==Lugares e parroquias==
Liña 27 ⟶ 41:
===Outros artigos===
*[[Lugares de Pontedeume]]
===Bibliografía===
*[[Carlos de Castro Álvarez]]. ''Igrexas Románicas da Comarca do Eume''. Ed. [[Xunta de Galicia]] ([[1997]]) [[ISBN]] 605-6855-5
 
[[Categoría:Parroquias de Pontedeume]]