Diferenzas entre revisións de «Avery Johnson»

== Traxectoria deportiva ==
=== Xogador ===
Na súa etapa no instituto, en 1983, Johnson liderou á St. Augustine High School de [[Nova Orleáns]] a unha marca de 35-0 e ao campionato da Class 4A de Louisiana State. Johnson se matriculou no New Mexico Junior College antes de irse á Cameron University, e finalmente á Southern University, na cal no seu ano senior en [[1988]] liderou a [[NCAA]] con 13.3 asistencias por partido, record de todos os tempos que aínda conserva.<ref>{{PDFlink|[http://www.ncaa.org/library/records/basketball/m_basketball_records_book/2007/2007_m_basketball_records.pdf Official 2007 NCAA Men's Basketball Records Book, page 20]|4.57&nbsp;Mebibyte}}; consultado o 13 de agosto de 2007</ref> Tras a súa graduación en 1988, Johnson non foi elixido no [[Draft da NBA]] dese mesmo ano. Johnson asinaría máis tarde cos [[Seattle SuperSonics]], e pasou os 16 anos coma xogador na [[National Basketball Association|NBA]], incluíndo etapas nos [[Denver Nuggets]], [[Houston Rockets]], [[Golden State Warriors]], e [[Dallas Mavericks]]. Johnson foi todo un trotamundos coma xogador, traspasado moi frecuentemente, ou incluso cortado, a súa etapa máis importante nos [[San Antonio Spurs]] (1991, 1992–1993, 1994–2001), en particular o seu papel nos Spurs de 1999 que gañaron o campionato contra os [[New York Knicks]], no cal anotou no 5º partido a canastra que lles deu a vitoria e o título da NBA aos Spurs. Os San Antonio Spurs retiraron o número 6 de Johnson o [[22 de decembro]] de [[2007]] nun partido na casa contra os [[Los Angeles Clippers]]. Foi ademais incluído no "San Antonio Sports Hall of Fame" o [[20 de febreiro]] de [[2009]].
 
=== Adestrador ===
18.612

edicións