Arsenio Martínez-Campos Antón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: eu:Arsenio Martínez-Campos
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 1:
[[Ficheiro:Arsenio martinez campos.jpg|thumb|right|200px]]
'''Arsenio Martínez-Campos Antón''' ([[Segovia]], [[14 de decembro]] de [[1831]] - [[Zarautz]], [[23 de setembro]] de [[1900]]) foi un oficial español que proclamou un pronunciamento en contra da [[Primeira República Española]] en 1874, iniciando a restauración borbónica. Foi máis tarde Capitán Xeneral de [[Cuba]] e Presidente do Goberno Español ([[1879]]-1879)
 
== Formación e primeiros destinos ==
Liña 8:
== Durante o Sexenio Democrático ==
 
En [[1868]] a raíña [[Isabel II de España|Isabel II]] foi destronada. Un ano despois Martínez-Campos será destinado a [[Cuba]], onde acababa de comezar a [[Guerra dos Dez Anos]]. Regresa a España tres anos logo como [[brigadier]] por méritos de guerra. Unha vez na Península, recibe o mando dunha brigada para combater os [[carlista]]s en [[Cataluña]]. En [[1873]], durante a [[Primeira República española]], o presidente [[Nicolás Salmerón]], noméao Capitán Xeneral de Valencia e encárgalle someter os [[Cantonalismo|cantóns]] de [[Almansa]] e de [[Valencia - València|Valencia]], cousa que consegue sen demasiada dificultade, pero empregando toda a dureza posíbel; así a última cidade foi bombardeada e tomada a asalto.
 
O [[2 de xaneiro]] de [[1874]] o xeneral [[Manuel Pavía]] disolveu as Cortes republicanas, aínda que a Primeira República sobreviviu case todo ese ano, dirixida por Serrano, estaba ferida xa de morte.
Liña 14:
== Pronunciamento de Sagunto e Restauración ==
 
Mentres, Martínez-Campos, que estaba confinado en [[Mallorca]], pasou a [[Castela - Castilla|Castela]], onde se dedicou a conspirar en favor da restauración da monarquía borbónica, a pesar da oposición de Antonio [[Cánovas del Castillo]], que prefería chegar á mesma fin por vía parlamentaria. O [[29 de decembro]] de [[1874]], o biografiado pronunciouse en [[Pronunciamento de Sagunto|Sagunto]], a favor de Afonso de Borbón, fillo da exiliada Isabel II, precipitando a súa chegada ao trono como [[Afonso XII de España|Afonso XII]]. Máis tarde será nomeado Capitán Xeneral de Cataluña, despois de derrotar os carlistas en [[Navarra]] e [[Cataluña]] (onde ocupou [[Olot]] e [[La Seu d'Urgell]], en 1875). Na [[Restauración borbónica en España|Restauración]], foi destinado novamente a [[Cuba]], en [[1876]], como Capitán Xeneral, asinando un tratado de paz en [[1878]], que outorga a Cuba maior [[autonomía]].
 
=== Presidente do Goberno ===