Cesare Balbo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Ortografía
m →‎Traxectoria: Florencia - Firenze
Liña 4:
 
==Traxectoria==
Fillo do aristócrata [[Prospero Balbo]], que ocupaba unha alta posición na corte, a súa nai morreu cando el tiña tres anos, polo que se educou na casa da súa bisavoa, a condesa de Bugino. En [[1798]] marchou co seu pai a París. Entre 1808 e 1814 serviu o réxime napoleónico en [[Florencia - Firenze|Florencia]], [[Roma]], [[París]] e [[Iliria]], á caída de Napoleon volveu ao seu país, ingresou no exército e realizou misións políticas en París e Londres. Tras a revolución de 1821, que el desaprobaba, foi suspendido nas súas funcións acusado de simpatizar con ela e tivo que marchar ao exilio, pouco despois permitíuselle volver, pero as súas tentativas de volver ao servizo público fracasaron, polo que se dedicou á literatura, en 1848 foi nomeado membro da Comisión electoral e converteuse no primeiro ministro constitucional do [[Piemonte]], pero só estivo no posto uns meses.
 
Balbo foi un defensor da independencia de Italia do control estranxeiro, para o que pensaba unha confederación de estados independentes baixo a supremacía do [[Papa]] e con Piemonte xogando un papel prominente.