Umberto Eco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: cy:Umberto Eco
m →‎Traxectoria: Florencia - Firenze
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Doutorouse en [[1954]] pola Universidade de [[Turín]] cunha tese sobre [[Tomé de Aquino|Santo Tomé de Aquino]] e a [[escolástica]] medieval. Traballou como profesor nas universidades de Turín, [[Florencia - Firenze|Florencia]] e [[Milán]]. Na actualidade é titular da cátedra de Semiótica e director da Escola superior de [[Humanidades]] da Universidade de [[Boloña]]; é secretario da Asociación Internacional de Semiótica, que cofundou en [[1969]]. Interesouse polas avangardas (A'' obra aberta''; ''Opera Apert''a, [[1962]]), a cultura popular contemporánea (''Apocalípticos e integrados''; ''Apocalittici e integrati'', [[1964]]), a semiótica (''A estrutura ausente''; ''La struttura assente'', 1968, Tratado de semiótica xeral; ''Trattato di semiotica generale'', 1975 - texto fundamental), a [[teoría de recepción]] (''Lector in fabula'', 1979) ou ''Os limites da interpretación'' (''I limiti dell'interpretazione'', 1990). No ''Tratado'' presenta a súa famosa definición de que o [[signo]] é "todo aquilo que pode ser usado para mentir".
 
A súa primeira novela, ''O Nome da rosa'' (''[[Il nome della Rosa]]'', [[1980]]), resultou un éxito de vendas e crítica a nível mundial apesar do seu contido denso en referencias e discusións eruditas. Nesta novela [[posmodernismo|posmodernista]], na que se mesturan o xénero policíaco, o histórico e o filosófico, un monxe investiga unha serie de asasinatos relacionados coa biblioteca dun mosteiro que se convirte no centro de herexías e controversias relixiosas medievais. Foi levada ao cine en [[1986]] por [[Jean-Jacques Annaud]]. Na súa segunda novela, ''O Péndulo de Foucault'' (''[[Il pendolo di Foucault]]'', [[1988]]), uns editores deciden inventar unha macro-conspiración, construída a partir de teorías conspirativas clásicas, co resultado imprevisto de que se ven atrapados polo que crían que era só ficción. En ''[[Baudolino]]'' ([[2000]]) mestura todos os mitos posíbeis do medioevo tardío nunha procura que vai máis alá do mundo coñecido. ''A misteriosa chama da raíña Loana'' (''[[La misteriosa fiamma della regina Loana]]'', [[2005]]) é o [[bildungsroman]] dun rapaz italiano durante o [[fascismo]] narrado cando, maior xa, tenta recuperar a memoria da súa identidade tras un accidente que só lle permite lembrarse do que leu.