Guerras italianas (1494-1559): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 26:
Os españois seguiron resistindo e, despois de recibir reforzos, pasaron á ofensiva e tomaron varias prazas fortes ao norte da posición que ocupaba Stuart d'Aubigny co groso do seu exército. Mentres tanto Fernando de Nápoles, valéndose dunha insurrección popular, consigue acurralar a [[Gilberto de Montpensier]] en dous castelos de Nápoles e, despois, desaloxalo deles. Fernando o Católico abriu outra fronte nos [[Pireneos]] contra Francia, para que esta desviara soldados e recursos cara a alá.
 
A vitoria do [[BonzaloGonzalo Fernández de Córdoba|Gran Capitán]] en [[Cosenza]] estreitou aínda máis o cerco sobre Montpensier, que acantoou aos seus homes en [[Atella]]. Os aliados tomaron a fortaleza en xullo de 1496, e Francia quedou a partir de entón en clara desvantaxe.
 
Os últimos episodios militares importantes da guerra foron as conquistas españolas de [[Rocca Guglielma]] e [[Diano]], en [[1497]]. O [[4 de agosto]] de [[1498]] Fernando o Católico firmou con [[Luís XII de Francia|Luís XII]], sucesor de Carlos VIII, o [[Tratado de Marcoussis]], concluíndo así definitivamente o conflito.