Guerras italianas (1494-1559): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Introdución: Florencia - Firenze
Liña 18:
Crendo ter neutralizado a [[Fernando o Católico]] mediante o [[Tratado de Barcelona (1493)|tratado de Barcelona]] ([[1493]]), despois da morte de [[Fernando I de Nápoles]] ([[1494]]), [[Carlos VIII de Francia]] intenta obter para si, aducindo o seu parentesco con [[Renato I de Nápoles|Renato de Anjou]], a soberanía deste reino.
 
Ao non acceder o papa [[Alexandre VI, papa|Alexandre VI]] a coroalo, decide satisfacer as súas pretensións ''manu militari'': nunha rápida campaña, na que só [[República de Venecia|Venecia]] e o Papado se lle opoñen, os seus exércitos percorren toda a península Italiana e ocupan a [[Nápoles|capital napolitana]].
 
En abril de [[1495]] fórmase a chamada Liga de Venecia ([[Ducado de Milán|Milán]], [[República de Venecia|Venecia]], o [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], [[España]] e os [[Estados Pontificios]]) para combater ao invasor.