María Lopo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''María Lopo''' é unha [[ensaio|ensaísta]] e investigadora [[Vigo|viguesa]] licenciada en [[filoloxíaFiloloxía]] Francesa pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] e graduada e doutorada en literaturaLiteratura Francesa pola Universidade da Alta Bretaña en [[Rennes]], onde deu clase nos anos noventa. Foi profesora de Literatura Francesa da Universidade de Santiago de Compostela e é profesora numeraria de Francés de IES.
 
==Traxectoria==
Liña 6:
En [[Galicia]] ocupouse do estudo e coñecemento das culturas celtas, mentres que en [[Francia]] propagou o estudo e coñecemento de [[Galicia]], pois a ela se deben numerosos artigos sobre a mesma en revistas francesas como ''Celtics'', ''Bretagne'' ou ''Cahiers Galiciens-Cadernos Galegos-Kaieroù Galizek'', e tres libros profusamente ilustrados: ''[[Fisterra]]'' ([[1999]]), ''La [[Galice]]'' ([[2002]]) e ''[[Galice]] & [[Compostelle]], l'autre [[Finistère]]'' ([[2009]]).
 
Traduciu desde o francés ao galego á poeta bretoa [[Anjela Duval]], a ''Alquimia do verbo'' de [[Rimbaud]], ao cantautor [[Léo Ferré]], á poeta surrealista [[Joyce Mansour]] e ao poeta [[Guillevic]], así como a numerosos poetas galegos ó francés. É autora da antoloxía bilingüe galego-bretoa ''Moito máis que mil anos / Muioc’h kalz eget mil bloaz'' ([[2000]]) de [[Claudio Rodríguez Fer]] e, con Annick Boilève-Guerlet, da tradución ''Viaxes a ti / Voyages à toi'' ([[2008]]), de [[Claudio Rodríguez Fer]].
 
Forma parte do comité fundacional de ''[[Unión Libre]]. Cadernos de vida e culturas'' e colaborou en numerosos xornais e revistas, como, ademais das xa citadas, ''La Voz de Galicia'', ''Galicia Internacional'', ''Ínsula'', ''Moenia'', ''Serta'', ''Boletín Galego de Literatura'' ou ''Clave Orión''.