Pío IX, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: ar:بيوس التاسع
m Pedro, papa
Liña 3:
'''Pío IX''' ([[Senigallia]], [[Italia]], [[13 de maio]] de [[1792]] - [[Roma]], [[7 de febreiro]] de [[1878]]), papa da Igrexa Católica dende o [[16 de xuño]] de [[1846]] ata a súa morte.
 
Antes da súa elección, o seu nome era '''Giovanni Maria Mastai Ferretti'''. O seu pontificado de 31 anos e medio foi o máis longo a historia da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], se exceptuámo-la tradición de que [[Pedro, papa|San Pedro]], o apóstolo, estivo a cargo da Igrexa por un período de entre 34 e 37 anos.
 
== Vida previa á súa elección como papa ==
Liña 19:
Ademais, o conclave de [[1846]] foi escenario dunha división entre [[conservadores]] e [[liberais]]. Os conservadores apoiaban ó cardeal [[Luigi Lambruschini]], o secretario de Estado de [[Gregorio XVI]]. Os liberais, en cambio, apoiaban a dous candidatos: o cardeal Gizzi e o cardeal Mastai Ferretti. Na primeira votación, Mastai Ferretti obtivo quince votos e os demais votos foron para Lambruschini e Gizzi. Moitos pensaban que se Lambruschini non resultaba elixido, seríao Gizzi con toda probabilidade.
 
Chegado o conclave a un punto morto a causa do desacordo, os liberais e moderados decidiron votar por Mastai Ferretti - unha manobra que foi contraria ó sentir xeral de boa parte de Europa. O segundo día do conclave, o [[16 de xuño]] de [[1846]], Mastai Ferretti foi elixido papa cunha maioría de 36 votos, mentres que Lambruschini só obtivo dez; Gizzi non recibiu ningún voto. Dado que era de noite, non se realizou ningún anuncio formal agás a ''[[fumata branca]]''. Moitos católicos asumiron que Gizzi fora escollido como sucesor de [[Pedro, papa|San Pedro]]. De feito, empezou a haber celebracións na súa cidade natal e os seus axudantes, de acordo cunha antiga tradición, queimaron as súas vestiduras cardinalicias.
 
Á mañá seguinte, anunciouse a elección do cardeal Mastai Ferretti ante o que debeu de ser unha sorprendida multitude de católicos. Por suposto, cando o novo papa apareceu no balcón, o clima foi de xubilo. Mastai Ferretti escolleu o nome de Pío IX en honra de [[Pío VII, Papa|Pío VII]].