Papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Elección: Primeiro Concilio de Nicea
Liña 28:
=== Fundación da Igrexa ===
[[Ficheiro:Michelangelo_Caravaggio_038.jpg|thumb|230px|Pintura do martirio de San Pedro - a Igrexa Católica Romana considera o momento da súa fundación cando Pedro, despois bispo de Roma, foi elixido por Xesús como xefe dos Apóstolos.]]
A tradición católica afirma que, o primeiro xefe da Igrexa Católica (o primeiro Papa) foi san [[Pedro, papa|san Pedro]], a quen, Xesucristo dixo ''Ti es Pedro e sobre esta pedra construirei a miña Igrexa'' ([[Evanxeo segundo San Mateu|Mateu]] XVI:18-19).
 
O [[evanxeo]] reflicte a vontade de [[Xesús]] de que os seus discípulos permanecesen unidos baixo a dirección de Pedro, a quen Cristo deu o nome nun momento solemne, levando os seus [[apóstolo]]s á cidade de Cesarea de Filipo: "''Ti és Pedro e sobre esta pedra, edificarei a miña Igrexa. A ti che darei as chaves do reino dos ceos; e todo o que ligares na terra será ligado nos ceos, e todo o que desligares na terra será desligado nos ceos" ([[Evanxeo segundo San Mateu]], 16, 13-20).