Diferenzas entre revisións de «Sarcómero»

Os sarcómeros son os que lle dan ao músculo esquelético a súa aparencia microscópica estriada.
* O sarcómero defínese como o segmento entre dúas liñas Z veciñas (ou discos Z ou corpos Z). Nas micrografías electrónicas do músculo esquelético estriado, a '''liña Z''' (do alemán "Zwischenscheibe", ''o disco entre'' as bandas I) aparece como unha serie de liñas escuras.<ref name=Fawcett>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 277-278, 283-285. ISBN 84-7605-361-4.</ref>
* A ambos os lados da liña Z hai unha rexión chamada '''banda I''' (I de ''[[isotrópica]]''). A banda I é a zona de filamentos delgados que non están superpostos a filamentos grosos, polo que nela só hai filamentos delgados de actina.<ref name=Fawcett/> A banda I dun sarcómero continúase coa banda I do seguinte sarcómero.
* Despois da banda I está a '''banda A''' (A de ''[[anisótropa]]'', debido ás súas propiedades no microscopio de polarización). Unha banda A comprende toda a lonxitude dun filamento groso de miosina.<ref name=Fawcett/>
* Dentro da banda A hai unha rexión máis pálida denominada '''zona H''' (do alemán "heller", ''brillante''). Esta zona ou banda H corresponde á zona onde os filamentos grosos (miosina) non están superpostos aos finos (actina).<ref name=Fawcett/>
Usuario anónimo