Río Eume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ca:Riu Eume
Liña 24:
Unha morea de caudais de auga máis ou menos longos e caudalosos, verten as súas augas nel. Pódense salientar na marxe dereita o ''Rego de Montouto'', preto da capitalidade do concello de [[Muras]], e, xa na provincia da Coruña, o ''Río Maciñeira'', o máis longo de todos os afluentes (11 km) que verte a escasos metros do Parque de Carbóns da [[Central térmica das Pontes|Central Térmica de As Pontes]] o ''Río do Pareiro'', que desemboca no Encoro do Eume formando un profundo entrante, e o ''Río Sesín'', que na súa confluencia co Eume, e xunto con el, rodea o outeiro onde se ergue o [[Mosteiro de San Xoán de Caaveiro]].
 
Na marxe esquerda son salientables o ''Rego Felgado'', que ten as súas fontes en terras de Xermade, o ''Río Chamoselo'', cunha fermosa ponte medieval preto da súa desembocadura no centro urbano de As Pontes. Vertendo as súas augas no [[Encoro do Eume]] despois de 10 km de percorrido, está o ''Río Frei Bermuz'', sen dúbida o máis caudaloso de todos os afluentes e que forma unha fermosa paraxe natural no lugar da ''Feira do Dez''. En pleno canón do Eume verte o ''Río de San Bartolomé'' tamén de 10 km, cuxo caudal foi aproveitado ata non hai moitas décadas para a produción de [[enerxía hidroeléctrica]] na ''Central do Parrote''. Xa no esteiro, desemboca o ''[[Río de Covés'']].
 
O [[30 de xuño]] de [[1997]] creouse o Parque Natural das [[Fragas do Eume]] ''(Real Decreto 211/96 de 2 de maio)'' cunha superficie de 9.126 Ha. Abarca terras dos concellos de [[Cabanas]], [[A Capela]], [[Monfero]] e [[Pontedeume]].