Geffen Records: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: lv:Geffen Records
Beninho (conversa | contribucións)
m arranxiño
Liña 28:
 
=== Interscope-Geffen-A&M ===
Universal Music Group adquiriu [[PolyGram]] en [[1999]], dando como resultado unha reorganización dos selos da corporación. Geffen Records, xunto con [[A&M Records]], fusionouse posteriormente con [[Interscope Records]]. A pesar de que Geffen continuaría existindo como marca, foi reducida para encaixar na maior expansión de Interscope (que tamén se encargou da distribución de DreamWorks Records). Ao mesmo tempo, a distribución internacional das edicións de Interscope e Geffen pasou a un ex-selo de [[PolyGram]], [[Polydor Records]], que xa se encargara de distribuir a A&M no extranxeiroestranxeiro (a cambio de que A&M se encargase das edicións de Polydor nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]).
 
De cara ao ano [[2000]], a pesar de que Geffen Records xa non operaba de xeiro independente en UMG e tomou unha posicións máis sumisa tras Interscope, continuou facendo negocios de forma estable ata que no ano [[2003]] UMG incorporou MCA Records a Geffen. Aínda que Geffen tiña sido principalmente un selo de pop-rock, a súa absorción de MCA (e todo o seu catálogo) fixo que agora o selo tivese unha maior diversidade musical incorporando a artistas como Mary J. Blige, [[The Roots]], [[Blink-182]] ou Common. Mentres tanto, DreamWorks Records tamén foi incorporada, traendo a [[Nelly Furtado]], [[Lifehouse]] ou [[Rufus Wainwright]] a Geffen. [[DGC Records]] tamén sería absorvida en [[2003]], pero reestableceuse en [[2007]].