Juan Antonio San Epifanio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎A Selección Española: Nantes, Francia
Liña 49:
En [[1978]], o mesmo ano que subiu ao primeiro equipo do FC Barcelona, tamén debutou coa [[Selección de baloncesto de España|selección española absoluta]], no torneo clasificatorio para o [[Eurobasket]] disputado en [[Turín]]. Formou parte da selección española absoluta en 239 ocasións, converténdose no xogador de baloncesto que máis veces vestiu a camiseta da selección. É, entre outras cousas, o máximo anotador da historia da selección e o que durante máis tempo foi internacional: 15 anos, tres meses e 19 días. No seu historial internacional cabe engadir tamén que é o único xogador que coa selección española participou en catro edicións dos [[Xogos Olímpicos]], [[Xogos Olímpicos de 1980| Moscova 1980]], [[Xogos Olímpicos de 1984|Os Ánxeles 1984]], [[Xogos Olímpicos de 1984|Seúl 1988]] e [[Xogos Olímpicos de 1984|Barcelona 1992]], nos que é ademais o xogador español que máis partidos disputou (30).
 
Coa selección tamén cultivou éxitos colectivos, empezando pola medalla de prata conseguida no Eurobasket de [[Nantes, Francia|Nantes]] [[1983]] grazas á vitoria da selección española sobre a [[URSS]], en semifinais, cunha canastra súa nos últimos segundos. En [[1984]] foi titular da selección española que conquistou a histórica medalla de prata nos [[Xogos Olímpicos de 1984]]. En [[1991]] formou parte da selección que conseguiu a medalla de bronce no Eurobasket de [[Roma]].
 
Aínda que, en principio, despediuse da selección española nos [[Xogos Olímpicos de 1992]], un ano despois volveu ser convocado polo novo seleccionador, [[Lolo Sainz]], sendo o capitán do equipo español no Eurobasket'93. A súa convocatoria foi tan inesperada que o propio xogador mostrouse sorprendido pero días despois asegurou estar dispoñible sempre que se requirisen os seus servizos. No Eurobasket'93 adaptouse á perfección ao papel de sexto home do equipo.