Fronte ocluída: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Características: Precipitación (meteoroloxía)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
==Características==
As frontes ocluídas xeralmente se dan en zonas de baixas [[presión]]s cando estas están debilitándose, e están asociadas con [[nube]]s de [[estrato (nube)|estrato]]s e [[Precipitación (meteoroloxía)|precipitación]]s lixeiras. As [[chuvia]]s intensifícanse coa chegada de [[nube]]s verticais, que provocan [[tormenta]]s. Esta estrutura xeral é algo diferente segundo cales das dúas masas de aire frío que se fusionaron teñen a [[temperatura]] máis baixa. Se a máis fría é a primeira hai un predominio das [[nube]]s estratiformes e as [[precipitación (meteoroloxía)|precipitación]]s serán débiles pero continuadas. Se polo contrario, é a segunda, predominarán as [[nube]]s de [[cúmulo]]s con [[chuvasco]]s, aínda que pode atoparse unha ampla variedade de condicións climáticas ó longo deste tipo de fronte.
 
A fronte ocluída represéntase no mapa do tempo como unha liña punteada [[rosa]]da entre as marcas de fronte fría e quente cunhas [[frecha]]s que sinalan a dirección de desprazamento da fronte.