Prismas de xeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:)
m Precipitación (meteoroloxía)
Liña 1:
[[Ficheiro:050207diamond dust2 Tsukuba Japan.gif|thumb|300px|Prismas de xeo (sinalados cun marcador vermello) en [[Tsukuba]], [[Xapón]], ocorrendo a unha temperatura de -2ºC, o que dá idea do nivel de polución do aire]]
Os '''prismas de xeo''' son un tipo de [[Precipitación (meteoroloxía)|precipitación]] consistente en finísimos cristais de [[xeo]] en forma de agullas ou columnas moi tenues que dan a sensación de estaren en suspensión na atmosfera. Son doados de observaren no [[Ártico]] e na [[Antártida]], mais poden ocorrer en calquera lugar.
 
Para a súa formación, ademais dunha [[temperatura]] por embaixo dos cero graos centígrados, é precisa a existencia dunha [[inversión térmica]] na cal a capa superficial de aire se mesture cunha capa de aire máis quente situada por riba dela. Como o aire quente contén máis cantidade neta de [[vapor de auga]] que a fría, vai producirse un trasvase deste cara a superficie, aumentando a súa [[humidade relativa]]. Se o aumento é abondo pódense formar os cristais de xeo.