Climograma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Ano (astronomía)
m precipitación (meteoroloxía)
Liña 1:
[[Ficheiro:Climograma.png|thumb|300px|Esquema que sinala as partes dun climograma]]
Un '''climograma''' ou '''diagrama climático''' é un gráfico de dobre entrada que representa [[temperatura]]s e [[precipitación (meteoroloxía)|precipitación]]s correspondentes a unha [[Estación meteorolóxica]] nun [[Ano (astronomía)|ciclo anual]]. Os datos acostuman ser medias [[Mes|mensuais]] e normalizadas (medias de observacións de 15 anos ou máis) e represéntase a evolución destas ó longo dos doce meses do ano. Normalmente represéntanse as temperaturas cun gráfico liñal e as precipitacións con barras. É un gráfico moi sinxelo e que permite estudar as características básicas do [[clima]] dun lugar. Resulta moi práctico representar a escala das [[chuvia|precipitacións]] ó dobre das temperaturas (sempre que non teñamos uns valores moi elevados de precipitacións), deste xeito os meses en que se produce [[aridez]], que segundo o [[índice de Gaussen]] son aqueles nos que a precipitación é inferior ó dobre das temperaturas, vense moi claramente, xa que as barras das precipitacións van por baixo da curva de temperaturas. Delimitar os meses áridos é moi útil para o estudo das características dun clima.
Tanto a temperatura como a precipitación teñen que referirse a datos medios sobre un número amplo de anos observados: uns trinta se se queren obter conclusións climáticas significativas, uns cinco se se queren estudar as tendencias conxunturais, ou tamén dun só ano.
== Estrutura dun climograma ==