Climatoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m precipitación (meteoroloxía)
Liña 1:
A '''climatoloxía''' é a rama da [[xeografía]] que se ocupa do estudo do [[clima]] e do [[Meteoroloxía|tempo meteorolóxico]]. Esta disciplina foi desenvolvida polos xeógrafos dende os seus comezos da xeografía, incluso o pai da Xeografía, Eratostenes de Cyrene, no seu libro "geographia" dedica un terzo deste á variación global dos climas. Das condiciones atmosféricas dependen moitas actividades humanas, dende a [[agricultura]] ata un simple paseo polo campo. Por iso fíxose un esforzo inxente por predicir o tempo tanto a curto como a medio prazo.
 
Cando unha comarca, cidade, ladeira etc., ten un clima diferenciado do clima zonal dicimos que é un '''topoclima''', este caracterízase por estar maiormente afectado polo estado local do resto dos factores xeográficos (xeomorfoloxía, hidrografía etc.). Amais, chamamos '''microclima''' ó que non ten divisións inferiores, como o que hai nunha habitación, debaixo dun árbore ou nunha determinada esquina dunha rúa.
Liña 5:
O clima tende a ser regular en períodos de tempo moi longos, incluso xeolóxicos, determinando de gran maneira a evolución do [[ciclo xeográfico]] dunha rexión, o que permite o desenvolvemento dunha determinada vexetación e un solo perfectamente equilibrado, [[solos climáticos]]. Pero, en períodos de tempo xeolóxicos, o clima tamén cambia de forma natural, os [[tipos de tempo]] modificanse e pásase dun clima a outro na mesma zona.
 
Para estudar un clima é necesaria a observación durante un lapso de tempo longo (mínimo quince anos). As observacións de [[temperatura]], [[precipitación (meteoroloxía)|precipitación]]s, [[humidade]] e tipo de tempo recóllense nas [[Estación meteorolóxica|estacións meteorolóxicas]]. Con estes datos se elaboran táboas que se expresan en [[climograma]]s.
 
[[Categoría:Climatoloxía]]