Sarcómero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 22:
[[Ficheiro:Sarcomere.svg|300px|thumb|right|Modelo de filamentos esvarantes da contracción muscular.]]
Os sarcómeros son os que lle dan ao músculo esquelético a súa aparencia microscópica estriada.
* O sarcómero defínese como o segmento entre dúas liñas Z veciñas (ou discos Z ou corpos Z). Nas micrografías electrónicas do músculo esquelético estriado, a '''liña Z''' (do alemán "Zwischenscheibe", ''o disco entre'' as bandas I) aparece como unha serie de liñas escuras.<ref name=Fawcett>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 277-278, 283-285. ISBN 84-7605-361-4.</ref>
* A ambos os lados da liña Z hai unha rexión chamada '''banda I''' (I de ''[[isotrópica]]''). A banda I é a zona de filamentos delgados que non están superpostos a filamentos grosos, polo que nela só hai filamentos delgados de actina.<ref name=Fawcett/>
* Despois da banda I está a '''banda A''' (A de ''[[anisótropa]]'', debido ás súas propiedades no microscopio de polarización). Unha banda A comprende toda a lonxitude dun filamento groso de miosina.<ref name=Fawcett/>
* Dentro da banda A hai unha rexión máis pálida denominada '''zona H''' (do alemán "heller", ''brillante''). Esta zona ou banda H corresponde á zona onde os filamentos grosos (miosina) non están superpostos aos finos (actina).<ref name=Fawcett/>
* Finalmente, dentro da zona H está a delgada '''liña M''' ou banda M (M do alemán "Mittelscheibe", o ''disco en medio'' do sarcómero) formado por elementos do [[citoesqueleto]] conectados.<ref name=Fawcett/>
 
As relacións entre as proteínas e as rexións do sarcómero son as seguintes: