Diferenzas entre revisións de «Sarcómero»

 
==Contracción==
Durante a contracción muscular as bandas A non cambian a súa lonxitude (1,85 [[micron]]s no músculo esquelético de mamífero), entanto que as bandas I e a zona H acórtansese acortan. Isto fai que as liñas Z se acheguen ás veciñas.
 
A proteína [[tropomiosina]] sitúase no sarcómero sobre a molécula de actina cubrindo os sitios de unión á miosina que ten a actina. Para que a célula muscular se poida contraer, a tropomiosina debe ser retirada de alí para que queden libres eses sitios de unión. Os ións calcio únense ás moléculas de troponina C (que están espalladas sobre a molécula de tropomiosina) e alteran a estrutura da tropomiosina, forzándoa a descubrir os sitios de unión que ten a actina, onde se establecerán pontes cruzadas.
186.114

edicións