Diferenzas entre revisións de «Sarcómero»

* Despois da banda I está a '''banda A''' (A de ''[[anisótropa]]'', debido ás súas propiedades no microscopio de polarización). Unha banda A comprende toda a lonxitude dun filamento groso de miosina.
* Dentro da banda A hai unha rexión máis pálida denominada '''zona H''' (do alemán "heller", ''brillante''). Esta zona ou banda H corresponde á zona onde os filamentos grosos (miosina) non están superpostos aos finos (actina).
* Finalmente, dentro da zona H está a delgada '''liña M''' (M do alemán "Mittelscheibe", o disco en medio do sarcómero) formado por elementos do [[citoesqueleto]] entrelazadosconectados.
 
As relacións entre as proteínas e as rexións do sarcómero son as seguintes:
* Os filamentos de actina son o principal compoñente da banda I e esténdense á banda A.
* Os filamentos de miosina son bipolares e esténdense pola banda A. Están entrelazadosconectados no centro pola liña M.
* A proteína xigante ''[[titina]]'' (conectina) esténdese desde a liña Z do sarcómero, onde se une ao sistema de filamentos grosos de miosina o ata a banda M, onde se cre que interacciona cos filamentos finos de actina. A titina (e as súas isoformas de splicing) é é a proteína elástica simple de maiores dimensións da natureza. Proporciona sitios de union para numerosas proteínas e pénsase que xoga un importante papel como guía do sarcómero e bosquexo para a ensamblaxe do mesmo.
* Outra proteína xigante, a [[nebulina]], hipotetízase que se estende ao longo dos filamentos finos e de toda a banda I. Similar á titina, pénsase que actúa como guía molecular para a ensamblaxe dos filamentos finos.
187.644

edicións