Thom Yorke: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vagobot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: su:Thom Yorke
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-influíntes +influentes)
Liña 20:
'''Thomas Edward Yorke''' (nado o [[7 de outubro]] de [[1968]] en [[Wellingborough]], [[Northamptonshire]], [[Inglaterra]]) é un músico inglés coñecido por ser o vocalista e principal compositor da banda de [[rock alternativo]] [[Radiohead]]. Toca principalmente a guitarra e o piano, pero tamén ten interpretado a batería e o baixo (principalmente nas sesións dos álbums ''[[Kid A]]'' e ''[[Amnesiac]]''). En xullo do [[2006]] editou o seu álbum de estrea en solitario, ''The Eraser''.
 
Yorke ten sido citado como unha das figuras máis influíntesinfluentes da industria musical. No ano [[2002]] a revista ''Q Magazine'' nomeouno o músico británico máis intenso, e no [[2005]] [[Radiohead]] quedou no posto 73 da lista da ''[[Rolling Stone]]'' dos 100 mellores artistas de todos os tempos. Yorke tamén foi citado entre os mellores vocalistas da historia da música popular. Nunha enquisa do ano [[2005]] feita pola revista ''Blender'' e a canle MTV2, Yorke foi votado o 18º mellor cantante de todos os tempos, e no [[2008]] foi posto no número 66 da lista da ''[[Rolling Stone]]'' dos 100 mellores vocalistas de todos os tempos.
 
{{Radiohead}}