Calmodulina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 11:
Outra das funcións recentemente descubertas é a relacionada coa motilidade espermática. Localizouse esta proteína na cabeza dos [[espermatozoide]]s o cal suxire a súa participación na capacitación e na [[reacción acrosómica]]. A fosforilación de proteínas é un proceso implicado na regulación da motilidade espermática e diferentes fosfoproteínas foron asociadas co inicio e mantemento da mesma.
 
A calmodulina realiza un papel moi importante no metabolismo enerxético porque, ao ligarse á fosforilase quinase, activa a [[glicólise]]<ref>Eisuke Furuya, Motoko Yokoyama, Kosaku Uyeda. Regulation of fructose-6-phosphate 2-kinase by phosphorylation and dephosphorylation: Possible mechanism for coordinated control of glycolysis and glycogenolysis. Proc. Natt Acad. Sci. USA. Vol. 79, pp. 325-329, January 1982. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC345719/pdf/pnas00441-0125.pdf]</ref>. Presenta unha estrutura similar á da [[troponina C]] (70% de semellanza) o cal lle permite sincronizar a [[contracción muscular]].
 
== Estrutura ==