Calmodulina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 18:
== Modo de acción ==
Cando a concentración de ión Ca<sup>+2</sup> aumenta a 1 µM, a unión do Ca<sup>+2</sup> á calmodulina provoca un cambio de conformación na proteína. Pode unirse a catro ións calcio e a súa unión inducirá distintos cambios alostéricos na proteína, principalmente a rotación dos dous dominios globulares. Como consecuencia deste cambio conformacional despois da unión do calcio quedan expostos grupos [[metilo]] [[hidrófobo]]s pertencentes a residuos de [[metionina]]. Isto implica que se formen certas superficies hidrófobas que poidan unirse a hélices alfa [[anfipático|anfipáticas]] da proteína diana, xa que estas hélices conteñen algunhas rexións hidrófobas complementarias. A flexibilidade da molécula permítelle á calmodulina unirse a moi diversas [[proteínas]] e desta maneira controla a súa actividade.
 
==A familia da calmodulina==
* [[Calmodulina 1]] ({{Gene|CALM1}})
* [[CALM2|Calmodulina 2]] ({{Gene|CALM2}})
* [[CALM3|Calmodulina 3]] ({{Gene|CALM3}})
* [[CALML1|proteína similar á calmodulina 1]]
* [[CALML3|proteína similar á calmodulina 3]]
* [[CALML4|proteína similar á calmodulina 4]]
* [[CALML5|proteína similar á calmodulina 5]]
* [[CALML6|proteína similar á calmodulina 6]]
 
== Outras proteínas de unión ao calcio ==
A calmodulina pertence a un dos dous grupos principais de proteínas de unión ao calcio, chamadas proteínas de [[man EF]] proteins. O outro grupo son as chamadas [[anexina]]s, que se unen ao calcio e a [[fosfolípido]]s (por exempo, a [[lipocortina]]). Moitas outras proteínas pode unirse ao calcio, pero a unión ao calcio non é a súam función principal.
 
== Notas ==