Calmodulina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 8:
A calmodulina media procesos inflamatorios, metabólicos, a [[apoptose]], a contracción do músculo liso (vasoconstrición das arterias), o movemento intracelular, a memoria a curto e a longo prazo, o crecemento de células nerviosas e as respostas inmunes.
 
A calmodulina exprésase en moitos tipos celulares e pode ter diferentes localizacións na célula, como no [[citoplasma]], dentro dos [[orgánulo]]s, ou asociada coa [[membrana plasmática]] ou as membranas dos orgánulos. Moitas das proteínas ás que se une a calmodulina non poden unirse ao calcio por si mesmas, e utilizan a calmodulina como sensor do calcio e transdutor dedde sinais. A calmodulina pode tamén utilizar o calcio almacenado no [[retículo endoplasmático]], e o [[retículo sarcoplásmico]]. A calmodulina pode sufrir [[modificación postraducional|modificacións postraducionais]], como [[fosforilación]], [[acetilación]], [[metilación]] e [[corte proteolítico]], que modulan as súas accións. O calcio participa no sistema de transdución de sinais intracelulares actuando como un segundo mensaxeiro difusible do estímuloo inicial.
 
Ademais, para exercer a súa función reguladora a calmodulina interacciona cun amplo rango de encimas e compoñentes do [[citoesqueleto]] disparando respostas bioquímicas moi específicas, que se exercen a través das proteínas ás cales se une e que se coñecen co nome de proteínas de unión á calmodulina (PUCaMs).