Hititas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazóns a homónimos
m →‎O exército: escudo (arma)
Liña 264:
=== O exército ===
 
A xefatura do exército correspondíalle ao rei, moi frecuentemente en persoa, pois a sociedade hitita orixinal era de tipo militar. Este pode, porén, delegar o seu poder, ben porque teña cometidos relixiosos que presidir, ben por enfermidade. O exército hitita, composto normalmente por cerca de trinta mil homes, estaba formado polos que tiñan obrigas militares, por mercenarios e por continxentes fornecidos polos estados vasalos. A organización do exército é decimal: a unidade de base comprende 10 homes mandados por un oficial saído da pequena nobreza. O agrupamento superior xunta 100 homes, e o seguinte 1000. non hai dúbida de que non existía soldo para os homes que se enrolaban de xeito normal e estes cobraban en xeneral co botín. En repouso, o exército vive seguramente do país, pero hai un servizo de aprovisionamento dos exércitos que está equipado con carros de bois e burros. As armas son a lanza, a espada recta ou curva, o puñal, a machada e o arco acompañado dunha [[alxaba]] cunha trintena de [[frecha]]s, empregado sobre todo pola infantería lixeira. O guerreiro protéxese cunha armadura de escamas, un casco e un [[escudo (arma)|escudo]].
 
O exército comprende dúas armas, a [[infantería]] e os carros. A infantería só ocupa o papel principal en terreos accidentados. Con todo, o seu papel no mantemento da orde nos países dominados é esencial. Está formada particularmente para lanzar ataques bruscos e, xa que logo, inesperados. O seu adestramento metódico e a súa disciplina fan dela unha moi boa arma. Se non, cando o terreo o permite, o carro é o elemento esencial do combate: lixeiro, manobrábel e rápido, asegura unha relativa rapidez no tiro. Está montado polo condutor, un combatente e un axudante encargado de protexer aos outros co seu escudo. Ao empregar máis a lanza que as frechas (usadas polos exipcios), os hititas fixeron dela unha arma ofensiva eficaz, encargada de se lanzar contra as fileiras inimigas, de rompelas e de sementar nelas o pánico.