Xustiniano I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: war:Justinian I
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-influínte +influente, -influíntes +influentes)
Liña 31:
Catro meses despois, Xustiniano pasou a ser o único soberano trala morte de Xustino. O seu reinado tería un grande impacto na historia mundial, dando lugar a unha nova era na historia do Imperio bizantino e da [[Igrexa Ortodoxa]]. Foi un home cunha capacidade de traballo fóra do común, que tiña un carácter afábel, moderado e alegre, pero que tamén podía ser mentirán e falto de escrúpulos cando lle conviña. Foi o último emperador que intentou recuperar os territorios que posuíu o [[Imperio Romano]] en tempos de [[Teodosio I]], e con este fin, puxo en marcha grandes campañas militares. Tamén desenvolveu unha colosal actividade construtiva emulando a dos grandes emperadores romanos do pasado. Partindo da premisa de que a existencia dunha comunidade política se funda nas armas e nas leis, prestou especial atención á [[lexislación]] e pasou á posteridade pola súa codificación do [[dereito romano]] (o ''[[Corpus Iuris Civilis|Codex Iustinianus]]'' e as ''[[Corpus Iuris Civilis|Novellae Constitutiones]]'').
 
En [[523]] casou con [[Teodora]], unha ex actriz; ata entón, as actrices resultaban socialmente próximas ás [[prostitución|prostitutas]], e no pasado, a Xustiniano resultáralle imposíbel casar con ela, pero Xustino aprobara unha lei que permitía os matrimonios entre distintas clases sociais, o que levaría, xa no reinado de Xustiniano, a unha certa atenuación das diferenzas sociais na corte bizantina. Teodora chegaría a ser unha persoa moi influínteinfluente na política do Imperio, e algúns emperadores posteriores seguirían o precedente de Xustiniano casando fóra da clase aristocrática.
 
[[Procopio de Cesarea]] é a nosa fonte principal para a historia do reinado de Xustiniano, aínda que tamén contribúe con moitos detalles de interese a crónica de [[Xoán de Éfeso]], que se conserva como fundamento de moitas outras crónicas posteriores. Ambos historiadores fixeron comentarios ás veces moi negativos sobre Xustiniano e Teodora; Procopio, ademais da súa historia, escribiu outra ''Historia Secreta'' que recolle varios escándalos da corte. As ''Historias'' de [[Agatías]] apuntan os sucesos acaecidos desde o ano 552 ata 558 ou 559.