Martiño de Tours: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-influínte +influente, -influíntes +influentes)
Liña 16:
Non quixo vivir no pazo episcopal e trasladouse a unha ermida, xerme da que sería máis tarde a abadía de [[Marmoutier]].
 
Despregou unha importante actividade con gran atención ao apostolado e a combater os costumes pagáns. Fundou numerosas parroquias na [[Galia]], especialmente entre as comunidades labregas. Coñécese tamén a súa posición contraria ao maltrato dos prisioneiros e contra a [[tortura]]. Isto supúxolle aldraxes e calumnias por parte de xente influínteinfluente e os altos funcionarios. Non facía acepción de persoas, mesmo existen relatos de que nun banquete chegou a postergar ao propio Emperador (de aí vén a representación coa copa, que lle ofreceu primeiro a un presbítero que ao propio Emperador).
 
Se ben foi crítico co [[priscilianismo]], non estivo de acordo coa execución do propio [[Prisciliano]] nin coa represión posterior, enfrontándose por iso ó bispo [[Ithacio]] que era partidario da represión. En [[Tréveris]] suplicou, sen éxito, ao mesmo emperador [[Máximo]] a clemencia para os supostos herexes. A súa actitude de tolerancia cos priscilianistas pode ser unha das causas da súa sona en [[Gallaecia]].