Théophile Gautier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: be-x-old:Тэафіль Гат’е
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-influínte +influente, -influíntes +influentes)
Liña 9:
Pouco despois da [[revolución de 1830]] a familia Gautier pasou por dificultades económicas e tiveron que trasladarse ás aforas de [[París]]. Téophile decidiu ficar cos seus amigos no distrito de Doyenné, onde levou unha vida bohemia. A finais de [[1830]], Gautier comezou a frecuentar as reunións en ''Le Petit Cénacle'', un grupo de artistas que se reunía no estudo de [[Jehan Du Seigneur]], unha versión irreverente do "Cénacle" de Victor Hugo, e no que se xuntaban Gérard de Nerval, [[Alexandre Dumas]] pai, [[Petrus Borel]], [[Alphonse Brot]], [[Joseph Bouchardy]] e [[Philothée O’Neddy]]. ''Le Petit Cénacle'' gañou axiña sona de extravagante e excéntrico, pero tamén de punto de encontro único.
 
Gautier comezou a escribir poemas en [[1826]] pero o máis do seu tempo dedicouno a escribir para varios xornais, especialmente para "La Presse", o que lle deu a oportunidade de viaxar polo estranxeiro e ter contactos con xente influínteinfluente na alta sociedade e no mundo artístico. Gautier viaxou por [[España]], [[Italia]], [[Rusia]], [[Exipto]] e [[Alxeria]] e as viaxes inspiraron moitos dos seus libros: ''Voyage en Espagne'' (Viaxe en España) de [[1843]], ''Trésors d’Art de la Russie'' (Tesouros do arte de Rusia) de [[1858]], e ''Voyage en Russie'' (Viaxe en Rusia) de [[1867]]. A súa literatura de viaxe é considerada por moitos coma unha das mellores do século XIX, está escrita nun estilo moi persoal e dá unha idea dos gustos artísticos e culturais do autor.
Gautier era moi afeccionado o [[ballet romántico]] e escribiu guións para varios deles. O máis famoso é ''Giselle'', que foi estreado pola bailarina Carlotta Grisi, a que Gautier amou toda a súa vida. A falta de correspondencia de Carlotta acabou por decidir a casar con Ernestina Grisi, cantante e irmá de Carlota.